Descripción
É esta a biografía dun polígrafo galego, do noso último polígrafo. Versado en moitos saberes humanísticos, cómpre salientar, da rica e caudalosa bibliografía de Xosé Filgueira Valverde, os seus estudos literarios, nomeadamente os centrados na lírica medieval galega. De 1935 data a súa tese de doutoramento sobre a Cantiga CIII de Afonso X, monografía exemplar no seu tempo dentro dos estudos de Literatura Comparada. Fóra do ámbito galego, é autor dun gran libro sobre Camões e de estudos valiosos sobre Cervantes, Góngora, Paul Claudel?
Nesta Biografía intelectual non se elude a actitude, nos anos da Guerra Civil e seguintes, de quen foi dirixente do Partido Galeguista de 1931 a 1933, e de quen, xa fóra do Partido, vota SI no plebiscito de autonomía do 28 de xuño de 1936. Do que se trata é de «entender» o seu comportamento neses convulsos anos (e o doutros: Vicente Risco, Álvaro Cunqueiro?). Desde 1942 ata a súa morte, Filgueira Valverde foi, ó seu xeito, «un obreiro da Causa galega», como diagnosticara Alexandre Bóveda en 1935.
A inxente, valiosísima e polifacética bibliografía de Filgueira Valverde é un dos grandes capítulos da cultura galega da Galicia moderna e contemporánea.

LOS IDÓLATRAS Y TODOS LOS QUE AMAN
CLAVES DE LA NEGOCIACION COLECTIVA
Ladydi
Reyes de España
Estuche trilogía La ciudad blanca
Caballos de Troya de la historia
El impacto de la era digital en el Derecho (Papel e-book)
L‘estiu ja és aquí!
Y si aqui no acaba todo.(serres). La vida mas alla de la vida
Verano del 69
BREVE DICCIONARIO DE TÉRMINOS LITERARIOS 




Valoraciones
No hay valoraciones aún.